Denuncian danos nunha mámoa en Monte Xiabre
Por Oskar Viéitez
A asociación Umia Vivo, o colectivo pola defensa do territorio Anovaterra, o colectivo pola defensa do patrimonio A Forneiriña e a Asociacion Irmandade Illa de Tambo presentaron ante a Consellería de Cultura unha denuncia polos danos producidos na Mámoa do Monte Fento 5 situada no monte veciñal da parroquia de Saiar.
Segundo informaron nun comunicado, os traballos de preparación do terreo para unha plantación forestal afectaron á mamoa deixando a vista pedras descubrindo dous verteduras de lixo e cascallos situados no seu entorno.
Para os colectivos denunciantes estes feitos son "unha mostra mais do falta de interés e coordinación" entre as Consellerías de Medio Rural e de Cultura, e tamén da "falta dunha política de xestión do patrimonio" por parte do concello de Caldas de Reis e dos responsables da Xunta de Montes "incapaces de identificar e marcar o patrimonio situado no monte".
A mámoa afectada esta situada nun entorno de interese paisaxístico e arqueolóxico con un castro (o castro da gaiba), outras catro mámoas e o conxunto das Pedras Roibas recentemente incluido no catálogo da paisaxe a proposta da asociación Umia Vivo.
Denuncian que este tipo de agresións se producen de xeito frecuente, en moitos casos por falta de información, identificación e sinalización dos elementos a protexer.
Estes catro colectivos amosan a súa preocupación pola reiteración das actuacións "á marxe de todo rigor e control arqueolóxico" e demandan que se adopten as medidas necesarias para a restauración da mámoa e se proceda á retirada das dúas acumulacións de lixo e cascallos situados no seu entorno.
Tamén solicitan que para o monte Xiabre e os territorios con patrimonio arqueolóxico se adopten medidas de prevención, sinalización e seguimento dos traballos forestais.
Finalmente lembran que o petróglifo da Laxe dos Bolos situado tamén no monte Xiabre en terreos do monte veciñal da parroquia de Saiar resultou afectado polo lume deixando a súa pegada nunha zona da Laxe por estar cuberta por vexetación e musgo. Solicitan a súa restauración pola Consellería de Cultura e a axeitada sinalización e seguimento para evitar danos nos posibles traballos forestais que se levan a cabo.
Outros conxuntos do monte Xiabre incluidos no catalogo da paisaxe como a Fervenza de Fridauga, o Sobreiral do Picouto e o espacio ocupado por preto de 20 laxes con gravados no monete da parroquia de Cea estan pendentes de medidas de restauración e coidado para a sua preservación.
Relacionadas:
-
O CSIC investiga o petróglifo Laxe dos Bolos en Caldas de Reis
Por Redacción |
-
Critican o abandono da Ponte de Segade sobre o Umia
Por Redacción |
-
Lamentan o desprezo do Concello e da Xunta ante o deterioro que presenta a ponte de Portugalete
Por Redacción |
-
Piden a limpeza das zonas de petróglifos en Vilagarcía
Por Redacción |