Pedaladas organiza dúas saídas familiares en bicicleta
Por Oskar Viéitez
A Asociación Pedaladas organiza para este venres 20 de abril unha saída nocturna familiar en bicicleta, chamada Bici Lúa.
Esta actividade consiste nunha ruta de 8 quilómetros con saída e chegada na praza de España (de 21:00 a 22:15) ata San Benitiño de Lérez para gozar dun paseo de noite en bicicleta. O colectivo aproveitará o percorrido para reivindicar a necesaria mellora do carril bici de acceso a Monte Porreiro polas eivas de accesibilidade e seguridade viaria que presenta.
É unha ruta gratuita e aberta ao público, ata un máximo 50 participantes polo que é mellor reservar praza enviando un correo a asociacionpedaladas@gmail.com ou enviando unha mensaxe no seu perfil de facebook. É obrigatorio levar luces e que os menores vaian acompañados.
Xa o domingo 22 de abril co gaio do Día da Terra haberá unha saída cicloturista familiar para ver a primavera no Pazo de Lourizán. É unha ruta de 11 quilómetros con saída e chegada na praza de España (de 11:00 a 13:00) ata o Pazo de Lourizán para gozar dun paseo a ver o arranque da primavera nos xardíns do pazo.
Pedaladas aproveitará o percorrido para reivindicar a necesaria mellora dos accesos ao pazo pola PO-546 sacando o tráfico pesado da mesma permitindo a entrada ao complexo industrial de ENCE pola avenida de Marín. Tamén queren recordar o atraso que presenta o paseo peonil ciclista a Marín. Igual que a Bici Lúa, esta ruta e gratuíta e está aberta ao público, polo que é recomendable inscribirse con antelación.
Relacionadas:
-
O alumnado do instituto de Poio practica coas bicis polas estradas
Por Redacción |
-
Os ciclistas 'toman o mando' da cidade cunha nova pedadala popular
Por Alejandro Espiño & Diego Torrado |
-
Pontevedra celebra este domingo a familiar pedalada popular
-
O programa Ao InstienBici de Pedaladas segue a crecer
Por Redacción |
-
Esta próxima semana "Ao InstienBici" na Xunqueira 2 e no Sánchez Cantón
Por Redacción |
-
Piden unha mellora da seguridade viaria no acceso a Monte Porreiro
Por Redacción |
-
Aumentan case un 50% as denuncias a ciclistas por infraccións
Por Redacción |