Os bombeiros socorren catro adultos e un menor atrapados nun ascensor
Por Redacción
En torno ás 7:45 da tarde, as sirenas dos Bombeiros de Pontevedra e dunha dotación da Policía Local alertaban os veciños do Pontevedra. Achegábanse ata a rúa Cruz Gallástegui. Alí no edificio número 4 quedaran atrapados dentro do ascensor cinco veciños: catro adultos e un menor de idade.
Os bombeiros encargáronse de forzar as portas para que abrisen xa que, por causas que aínda non foron aclaradas, se bloquearan.
Segundo informaron os Bombeiros de Pontevedra, a intervención foi moi rápida e todas as persoas que se encontraban no interior do ascensor saíron sen presentar danos físicos.