Canelas quédase sen canas
Por Redacción
Persoal da área de limpeza de praias da Concellería de Medio Ambiente e Servizos Xerais está levando a cabo a eliminación das canas que proliferan na contorna do arenal de Canelas.
Tal e como explicou o titular deste departamento, José Luís Rodríguez, trátase dunha especie invasora que provoca un grave risco de incendio "xa que seca, sen esquecer tamén o prexuízo que causa ao ensuciar toda a zona".
Por este motivo, desde a concellería que dirixe tamén remitirán os correspondentes requerimientos aos propietarios das leiras lindantes con este espazo recordándolles a obriga de cortar as canas, máxime cando entrañan perigo.
José Luís Rodríguez comentou ademais que esta actuación está enmarcada no plan de posta a punto dos areais do municipio e dos seus accesos de cara ao comezo da campaña de verán.