Os colexios de Poio realizan prácticas de educación viaria
Por Redacción
A Policía Local de Poio iniciou este martes as clases prácticas de educación viaria aos cursos de 5º de primaria.
Desde primeira hora deste martes os rapaces puideron coñecer os aspectos prácticos, unha vez impartidos os teóricos sobre o coñecemento dos sinais, o como circular en bicicleta, e o asesoramento sobre os sistemas de retención infantil obrigatorio nos vehículos.
Na explanada da Seca estiveron practicando os nenos de 5º curso dos colexios de Chancelas, Viñas e Lourido, asesorados polos axentes, quedando pendente para o mércores os centros A Espedregada, Isidora Riestra e Sek Atlántico, un total de 250 nenos.
Co obxectivo de "contribuír á formación de persoas responsables e solidarias" os axentes levan a cabo o plan de formación sobre peón responsable, condutor de bicicletas, e de kart, entre outros aspectos. Desta formase pretende que coñezan os sinais e circulen correctamente en bicicleta, á vez que se fomentan as actitudes e valores que favorecerán a seguridade na utilización das vías públicas.
Colaboraron coa Policía Local de Poio, a Xefatura Provincial de Tráfico de Pontevedra coa cesión do parque de tráfico de Educación Viaria e a empresa Loukart, con cesión sen ánimo de lucro de varios kart a pedais.
Relacionadas:
-
Os colexios Froebel e Marcos da Portela inician o programa de charlas de seguridade viaria do Concello
Por Redacción |
-
VÍDEO.- Un centenar de escolares 'póñense a conducir' en Poio
Por Redacción |
-
Educación vial para concienciar dun comportamento responsable aos nenos de Poio
Por Gabriela Varela Asorey |
-
Saben os pais de Poio detectar o ciberacoso?
Por Diego Espiño |
-
Cen escolares de Infantil e Primaria aprenden seguridade viaria na Seca
Por Redacción |
-
En Poio, en bicicleta
Por Redacción |