Alertan de que a extinción das Colonias Escolares supón unha perda de 50 empregos para A Lama
Manuel Barreiro Cavanelas foi un emigrante que decidiu investir a súa fortuna na formación da mocidade. O 30 de xullo de 1936 doaba ao Estado a leira e o edificio que eran da súa propiedade no lugar de Laxedo, na parroquia de Covelo do municipio da Lama.
A única condición que establecía era que estas propiedades fosen destinadas, con carácter permanente, a Colonias Escolares. En 1982, estes espazos pasaron a ser responsabilidade da Xunta de Galicia que mantivo a actividade ata mediados da década dos 90 a través da creación da Fundación Padroado de Colonias Escolares de Pontevedra. Ao redor do ano 95 deixaron de realizarse estas iniciativas e o patrimonio quedou abandonado.
Agora, a Xunta decidiu extinguir esta Fundación e destinar o patrimonio, o edificio e a leira de 40.000 metros cadrados ao Concello como receptor. A decisión provocou o malestar dos veciños, que reclaman a recuperación desta institución e das Colonias Escolares. Iñaki Touriño, presidente da asociación de veciños de Laxedo, alerta de que estas actividades supoñerían a contratación de ao redor de 50 persoas. "A Lama ten menos de 2.500 habitantes. Ter en tempadas altas de 40 a 50 persoas traballando alí é baixar o paro un 10%, que é unha barbaridade", apunta Touriño.
A asociación lamenta que ninguén lles informou da extinción da Fundación ata que foi un feito. Engade que queren emprender proxectos e para acometelos precisan que a Xunta rehabilite o edificio, que leva 20 anos sen funcionamento.
O Concello da Lama xa anunciou que presentará un recurso por vía contencioso-administrativa para evitar que desapareza a Fundación. Unha decisión que a Patricia Vilán, deputada do PSOE, non lle convence: "este señor non sabe que pasou polo camiño de extinción da Fundación. O Concello é quen recibe como beneficiario. Non é normal que non decátese, cando son do seu partido".
Iñaki Touriño apunta que Jorge Canda, alcalde da Lama, dei que non pode asumir ou edificio non estado en que está. Por este motivo reclámase que se arranxe e que non se extinga a fundación xa que aseguran que hai dúas empresas interesadas en dotar a estas instalacións de actividades de cultura, formación ou de campamentos de verán.
Mesmo os integrantes do colectivo veciñal mantiveron un encontro co alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, que se comprometio a asinar un convenio de colaboración para enviar escolares durante tres meses a este espazo sempre que a Fundación non se extinga. "Ao ser os únicos que non queremos que morra, deberiamos ser os receptores", afirma o presidente da asociación veciñal.
Ante esta situación, o grupo parlamentario socialista presentará unha proposición non de lei no Parlamento de Galicia na que se instará á Xunta a que deixe sen efecto a extinción da Fundación Padroado das Colonias Escolares de Covelo.
Relacionadas:
-
O concello da Lama e os veciños de Laxedo pleitean contra a disolución do Padroado de Colonias Escolares
Por Redacción |
-
Piden unha reunión coa conselleira de Educación para abordar a extinción das colonias escolares de Covelo
Por Redacción |
-
Cidadáns pide ao Concello da Lama que cumpra co Pladiga e limpe a finca das Colonias de Covelo
Por Redacción |
-
O PSOE pide a baixa de dous concelleiros do PP tras o rexeitamento á recuperación das Colonias de Covelo
Por Redacción |
-
Rexeitamento do PP no Parlamento a manter a fundación das colonias de Covelo
Por Redacción |
-
A Lama presenta un contencioso-administrativo contra a extinción do padroado de colonias escolares de Covelo
Por Redacción |
-
Unanimidade na Lama para recorrer a disolución do padroado das colonias escolares de Covelo
Por Redacción |
-
Jorge Canda propón á Xunta a posibilidade de que o Concello asuma as colonias de Covelo
Por Oskar Viéitez |
-
A Lama reacciona contra a intención da Xunta de extinguir e liquidar a Fundación Colonias Escolares
Por Oskar Viéitez |