A Lama presenta un contencioso-administrativo contra a extinción do padroado de colonias escolares de Covelo
Por Redacción
O Concello da Lama presentou un contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia contra a orde do 5 de marzo de 2018 da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria na que se decidía extinguir a Fundación Padroado de Colonias Escolares de Pontevedra, que se atopaban na parroquia de Covelo.
O letrado da asociación de veciños de Laxoso e o avogado especialista en fundacións que contratou o Concello aconsellaron que se presentase este contencioso para reclamar da Xunta todos os expedientes que fan referencia á súa actuación dentro da Fundación e o Padroado co fin de poder determinar se puido incorrer en inacción.
Esta inacción sería determinante na deterioración do patrimonio e por iso, desde o Concello, quérese contar con toda a documentación oficial para esixir responsabilidades.
A asemblea veciñal apoia a postura do Concello opoñéndose á disolución do Padroado e por iso utilízase a vía do contencioso.
Este trámite obriga á Xunta a presentar todos os expedientes e actuacións emprendidas con respecto á súa participación no Padroado co que se podería dispoñer deste xeito de documentación oficial sobre o modo de proceder dos seus representantes no órgano de goberno da Fundación das Colonias e poder determinar se houbo neglixencia, abandono ou inacción que provocase deterioración dos bens patrimoniais das Colonias de Covelo.
Relacionadas:
-
Piden unha reunión coa conselleira de Educación para abordar a extinción das colonias escolares de Covelo
Por Redacción |
-
Cidadáns pide ao Concello da Lama que cumpra co Pladiga e limpe a finca das Colonias de Covelo
Por Redacción |
-
O PSOE pide a baixa de dous concelleiros do PP tras o rexeitamento á recuperación das Colonias de Covelo
Por Redacción |
-
Rexeitamento do PP no Parlamento a manter a fundación das colonias de Covelo
Por Redacción |
-
Alertan de que a extinción das Colonias Escolares supón unha perda de 50 empregos para A Lama
-
O BNG demandará no Parlamento a continuidade do padroado das Colonias Escolares
Por Redacción |
-
Unanimidade na Lama para recorrer a disolución do padroado das colonias escolares de Covelo
Por Redacción |
-
Jorge Canda propón á Xunta a posibilidade de que o Concello asuma as colonias de Covelo
Por Oskar Viéitez |