Un berro alto e claro en defensa das pensións

© Diego Torrado

© Diego Torrado

© Diego Torrado
Pontevedra non foi menos que o resto de grandes cidades e localidades galegas e saíu á rúa este domingo en defensa do sistema público de pensións e pola recuperación de dereitos. Fíxoo con senllas marchas de protesta convocadas por unha banda polo sindicato CIG e por outro polos de UXT e CCOO.
A primeira en ter lugar foi a convocatoria da Conferencia Intersindical Galega, con punto de partida na Praza da Ferrería nunha protesta na que "por desgraza temos a obriga de estar, nós non podemos deixar sen resposta todo os ataques que está sufrindo a clase traballadora", recoñeceu o secretario comarcal da CIG en Pontevedra, Marcos Conde.
"O que está a pasar é que as medidas que ao principio se impuxeron coa excusa da crise viñeron para quedar", asegurou Conde, esixindo ao Partido Popular e " aos que consideramos cómplices" a derrogación da reforma das pensións e tamén doutras medidas como a reforma laboral que significaron a "precarización" da vida da cidadanía.
A manifestación percorreu varias rúas do centro da cidade para concluír cunha concentración na Praza da Peregrina, onde interveu tamén Esther Crespo, representante da plataforma de emigrantes retornados, para sinalar que "estamos sufrindo todos os pensionistas e xubilados un recorte nas pensións e pensamos que non é de recibo", argumentou para concluír que "se efectivamente hai recuperación económica terá que habela para todos".
A xornada de protesta foi convocada simultáneamente nas sete grandes cidades galegas e en múltiples localidades máis, dentro da campaña que a CIG está a desenvolver para reivindicar os dereitos "roubados" e o emprego e os salarios dignos, motivos que estarán moi presentes na próxima celebración do 1 de maio, Día Internacionald da Clase Traballadora.
UXT E CCOO, NA PRAZA DE ESPAÑA
Media hora máis tarde estaba convocada outra protesta conxunta por parte dos sindicatos UXT e CCOO, no seu caso na Praza de España.
Alí produciuse unha concentración de protesta en defensa do sistema público de pensións, dentro dunha campaña estatal que se manterá "mentres o goberno do PP non cambie a súa postura e escoite aos xubilados e futuros pensionistas deste país.
Entre as medidas concretas que solicitan atópase a eliminación do 0.25 e a actualización das pensións en función do IPC para manter o poder adquisitivo das persoas xubiladas.
Xornada de protesta en defensa do sistema público de pensións
Pontevedra non foi menos que o resto de grandes cidades e localidades galegas e saíu á rúa este domingo en defensa do sistema público de pensións
© Diego Torrado
Relacionadas:
-
Concentración da CIG en protesta pola reforma das pensións
Por Cristina Saiz & Redacción |
-
Pensionistas de UXT e CC.OO seguirán a concentrarse para que o goberno de Pedro Sánchez os teña en conta
Por Redacción |
-
A CIG alerta a mocidade do perigo que corren as súas pensións
Por Miguel Álvarez Fandiño & Anxo Lourido |
-
5.844 pensións foron decisivas na crise para soster a familias no municipio de Pontevedra
Por Miguel Álvarez Fandiño & Redacción |
-
Os pensionistas volven á rúa: "Non nos fiamos" dunha suba que ven un "espellismo"
Por Alejandro Espiño |
-
A CIG quenta motores na rúa de cara a unha folga xeral o 19 de xuño
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
UGT e CC.OO. reivindican neste primeiro de maio: "É tempo de gañar dereitos"
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
"A reforma das pensións é para machacar a xente nova"
-
A asemblea de delegados de CIG reflexiona sobre a "necesidade" de convocar unha folga xeral
Por Natalia Puga & Paula Sanmartín |
-
A CIG alerta da caída das pensións: un xubilado en 2018 cobra 20 euros anuais menos que en 2017
Por Redacción |
-
VIDEO.- Pensionistas saen á rúa en Pontevedra para reclamar "o que é noso"
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |