Sanxenxo sobe o soldo dos socorristas e adianta o proceso de selección
Por Redacción
O goberno local de Sanxenxo non quere quedar sen socorristas durante o verán, problema que tivo que afrontar noutras tempadas.
Por iso decidiu incrementar un 8% o soldo mensual dos profesionais con respecto á convocatoria de 2017, e ademais adiantará o proceso de selección para a próxima campaña.
A intención do Concello pasa por iniciar a tempada de vixilancia nos areais o día 15 de xuño, para o que será necesario contratar ata 66 efectivos.
O pasado ano ao 15 de xuño abriron catro praias con todos os seus servizos, e agora quérese ampliar esta nómina de areais ata a maior parte das praias do municipio.
A convocatoria que está a piques de abrir ofrecerá dous tipos de contratos en base á súa duración, de 3 meses ou de 2 meses e 5 días.
A partir do próximo luns 16 de abril os interesados nestas prazas deberán presentar as súas solicitudes cun prazo máximo de 10 días. Os aspirantes, a maiores da solicitude, terán que achegar a fotocopia do DNI, o seu currículo, un certificado médico oficial acreditativo de non padecer enfermidades que lle impidan exercer e unha copia do título esixido na convocatoria para cada unha das prazas.
Relacionadas:
-
91 persoas aspiran ao posto de socorrista en Sanxenxo
Por Redacción |
-
Seis praias de Sanxenxo contarán con novos módulos de salvamento e aseos
Por Redacción |
-
Sanxenxo planifica xa melloras nas súas praias pensando no próximo verán
Por Redacción |
-
Os socorristas de Sanxenxo tiveron 88 actuacións cada día
Por Oskar Viéitez |