A Garda Civil investiga un atraco a man armada no Cash Galicia da Vichona
Por Diego Espiño
Axentes da Garda Civil acudiron este sábado 14 de abril ata un establecemento de Sanxenxo alertados por un aviso de atraco a man armada.
Trátase do supermercado Cash Galicia, situado na Vichona.
O instituto armado investiga a implicación de dous individuos que terían entrado no establecemento portando armas de fogo, concretamente unha pistola e unha recortada.
A pesar da situación de tensión, non houbo que lamentar feridos, aínda que os cacos abandonaron o lugar levándose unha importante cantidade de diñeiro.