VÍDEO.- Volven atrapar cabalos salvaxes que danaban propiedades e cultivos no Rañadoiro
Por Diego Espiño
Veciños do lugar de Rañadoiro, en Ponte Sampaio, respiran aliviados tras interceptar á primeira hora do sábado un grupo de cabalos salvaxes que nos últimos meses estivo danando propiedades e cultivos na zona.
"Desde hace seis meses tenemos problemas todos los días", explica PontevedraViva Ramón Reguera, un dos afectados.
A situación cambiou este sábado ao ser localizada a manda a plena luz do día (habitualmente acudían á zona de noite). Concretamente localizáronse 8 animais que "estaban en una finca medio cerrada" ao redor das 8:00 horas da mañá.
Ante esta oportunidade os veciños mobilizáronse e pediron axuda ao Concello e á Policía Local. Coa súa colaboración, achegando un camión municipal, conseguiron atrapar a 5 dos 8 cabalos, aínda que os 3 restantes escaparon. Os animais pasan agora a estar baixo a tutela do propio Concello.
"Queremos agradecer la colaboración de ayuntamiento y Policía", sinalou Reguera.
A asociación de veciños Santa María de Ponte Sampaio levara o pasado mes de xaneiro o enfado dos veciños ante a Subdelegación do Goberno en Pontevedra e a Consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia.
Relacionadas:
-
Oito cabalos volven estragar os cultivos no lugar do Rañadoiro
Por Redacción |
-
As vacas soltas traen de cabeza de novo os veciños de Xeve
Por Redacción |
-
Queixas en Cerponzóns polos danos que causan os xabarís nos cultivos
Por Redacción |
-
Saen a poxa por 180 euros os seis cabalos capturados no Rañadoiro
Por Redacción |
-
A problemática dos cabalos salvaxes de Ponte Sampaio, ante a Xunta e a Subdelegación
Por Redacción |
-
Atrapan seis cabalos danando propiedades privadas no Rañadoiro
Por Redacción |