Sétima Feira despídese... ata novo aviso
Por Redacción
A Praza de Abastos, como bo segundo sábado de mes, acolleu este 14 de abril unha nova xornada da Sétima Feira, a última que se vai a realizar ata novo aviso.
As obras no mercado obrigar a poñer un punto e seguido a esta proposta que mestura arte, moda, comida ou música en directo.
Nesta ocasión a Sétima Feira tivo aroma mexicano aproveitando a celebración do Salón do Libro, e contou entre toda a oferta creativa coa artista mexicana Rocío Kuri, co seu proxecto Lana Fiche.
Ademais nas actividades infantís foron protagonistas mulleres de conto como Frida Khalo e Rosalía de Castro.
Sétima Feira abre agora unha paréntese despois de dous anos de actividade que contaron coa presenza de máis de 120 expositores nos postos habilitados na primeira planta do mercado.