Dous menores resultan feridos nun accidente en Bueu
Por Redacción
Os servizos sanitarios de urxencia atenderon este venres dous menores que resultaron feridos despois de producirse unha colisión entre un coche e unha furgoneta.
O accidente tivo lugar concretamente na estrada PO-551, á altura do punto quilométrico 9,2.
Foi un particular o que alertou da situación ao Centro de Atención ás Emerxencias 112 ás 14:00 horas da tarde.
Nada máis recibir a alerta, o 112 trasladou o aviso aos efectivos do 061, Policía Local, Bombeiros do Morrazo, Garda Civil de Tráfico e ao servizo de mantemento de estradas.