O Concello de Meis rehabilita a casa en Porta Pisón para uso da veciñanza
Por Redacción
O Concello de Meis está a rehabilitar a casa situada na área recreativa de Porta Pisón, na parroquia de San Tomé de Nogueira. É unha residencia que se atopa situada nun enclave único, xa que está rodeada de natureza cun río que na súa canle pódense gozar de piscinas naturais, dispoñendo de mesas e bancos para completar unha estancia agradable.
Esta actuación ven motivada polos danos causados polos númerosos actos vandálicos que sufriu.
O Concello tivo que investir uns tres mil euros en traballos de carpintería que completou unha empresa externa e agora os operarios municipais encarganse das avarías eléctricas e a pintura.
O goberno local agarda rematar "canto antes" esta rehabilitación xa que son innumerables os usos que se lle poden dar a este espazo.
O alcalde José Luis Pérez e a concelleira Ofelia Barral pasaron este xoves a revisar o avance das reformas que se están realizando.