Bará racha dúas fotos do Rei no Parlamento: "Romper este retrato é ABC de democracia"
Por Natalia Puga
O deputado pontevedrés Luís Bará converteuse este mércores en protagonista da sesión do Parlamento de Galicia ao aproveitar unha intervención na que pedía a derrogación da Lei de Seguridade cidadá co fin de impedir a actual interpretación dos delitos de incitación ao odio para poñer un exemplo práctico do que, para el, é e non é un delito de odio. Cortou en anacos dúas fotos do Rey Felipe VI mentres dicía: "romper este retrato tamén é ABC de democracia".
A intervención empezara un par de minutos antes con el colocando no estrado da Cámara galega a coñecida como bandeira estreleira, a bandeira de Galicia cunha estrela vermella dentro, e explicando que "ten que ver coa miña intervención". Nese momento, a deputada do PP Paula Prado protestou e revolveuse no asento, de modo que se dirixiu a ela para dicirlle: "Gústalle a bandeira, señora Prado? Parécelle que incita ao odio?".
A polémica estaba servida e profundou nela, incluíndo tamén a polémica polo máster da presidenta madrileña, Cristina Cifuentes, ao sinalar que o parecía que os representantes do PP "non é que fixeran un máster de democracia, é que non fixeron nin siquera o parvulario de democracia".
"Isto é unha cuestión de ABC de democracia, de respeto, de pluralismo",, explicou en relación coa bandeira e pasou a ensinar dúas fotos do Rey Felipe VI e a rompelas. Engadiu, ademais, que "non ou podo quiemar porque estamos nun recinto pechado".
Segundo explicou, se estivese ao aire libre si queimaría as fotos, "non porque eu crea que hai que facer estes actos, senón porque creo que hai que respectar e permitir estes actos de discrepancia".
Na súa intervención explicou que facía este xesto en referencia á recente sentenza do Tribunal Europeo dos Dereitos Humanos que condena a España a indemnizar a dous mozos cataláns que foron condenados a 15 meses de prisión por queimar fotos do Rey Juan Carlos durante unha manifestación en 2007. Estrasburgo conclúe que España vulnerou o dereito á liberdade de expresión destes mozos.
En referencia a ese ditame de Estrasburgo, lembrou aos deputados do PP que, coas súas accións, o goberno estatal do Partido Popular "estase expulsando de Europa cada día", pois a lexislación española e o Código penal consideran que queimar un retrato do Rey é un delito de odio e "resulta que dez anos despois tivo que vir ou tribunal europeo cunha sentenza que di que isto é libertade de expresión".
Bará criticou que o goberno estatal do PP está a tentar utilizar o Código Penal e a Lei Mordaza para "amedrentar, meter medo, e someter"con accións como poñer unha multa a mozos en estadios de fútbol por mostrar a bandeira que el levou ao Parlamento, "unha bandeira de amor a Galiza pola que mataron a Anxel Casal, a Alexandre Bóveda, a Vítor Casas".
Relacionadas:
-
RADIO.- Luis Bará: "Volver á política municipal nunca se pode descartar"
Por Marisa Ciordia |
-
O Parlamento galego non sancionará a Luis Bará por romper as fotos do Rei
Por Alejandro Espiño |
-
Antiviolencia propón sancionar un afeccionado por ensinar unha bandeira independentista galega en Pasarón
Por Diego Espiño |