Lores ve "fóra de lugar" as críticas de Marea ao retraso da renta social
Por Alejandro Espiño
O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, asegurou que as críticas de Marea Pontevedra ao atraso que acumula a tramitación da renda social básica están "un pouco fóra de lugar".
En declaracións aos xornalistas, Fernández Lores explicou que esta iniciativa está a tramitarse administrativamente "desde que chegamos a ese acordo" para que Marea apoiase o orzamento municipal de Pontevedra.
"O que pasa é que ás veces a administración é lenta e os proxectos son complicados", engadiu o rexedor pontevedrés, que lembra que o Concello "ata hai pouco" non obtivo o informe da Xunta de Galicia con respecto a esta iniciativa.
O alcalde lembra que os expedientes "nos os fai o goberno" senón os funcionarios e reiterou que non se trata dun problema de vontade política, como denuncia Marea, senón que " é un tema complexo e eles sábeno".
Lores sinalou que o goberno municipal ten interese en tramitar esta renda social básica que, en todo caso, non será compatible coa renda de integración social de Galicia (Risga), pero a tramitación administrativa " é a que é".
"Cada un ten que arrimar a brasa á súa sardiña e facer as declaración que consideran convintes", asegurou o alcalde, que lembrou que a oposición municipal "ten acceso" aos técnicos, que poden explicarlles a complexidade deste asunto.