Dúas persoas feridas en senllos accidentes en Cuntis e Vilaboa
Por Redacción
Os servizos de emerxencias informaron de varios accidentes ocorridos este sábado aínda que só dous deles rexistraron danos persoais.
O máis grave produciuse, outra vez máis, na perigosa estrada nacional N-640 ao seu paso pola parroquia de Troáns, no municipio de Cuntis.
A ferida é unha muller de 56 anos que circulaba nun dos dous coches que chocaron, segundo informou Protección Civil de Cuntis.
VILABOA
En Vilaboa o accidente tivo lugar na autoestrada AP-9 sobre as dúas da tarde e consistiu nunha saída de vía.
MORAÑA
Finalmente no lugar de O Covelo, en Moraña, outra saída de vía sobre as nove da mañá terminou cunha colisión contra un poste do tendido eléctrico. Non houbo feridos. O impacto contra o poste deixou sen luz á zona, segundo informou Protección Civil.