Marea Pontevedra ameaza con pedir a reprobación de Anxos Riveiro
Por Redacción
A coordinadora de Marea Pontevedra, Peque González e a concelleira desta formación política, Carmen Moreira, manifestaron este sábado o seu malestar co grado de cumprimento dos acordos alcanzados co grupo de goberno nos orzamentos do Concello de Pontevedra para este 2018, especialmente no caso da Renda Social Municipal e no do transporte metropolitano.
Peque González lamentou que "moitas das nosas propostas que se convertiron en acordos orzamentarios non son levadas adiante polo goberno. Non sabemos se por desinterese, por incompetencia ou por ambas".
Como resposta a esta situación anunciou que Marea Pontevedra pedirá a "reprobación da concelleira responsable se no pleno de maio do Concello non inclúen unha proposta de ordenanza de Renda Social Municipal". A concelleira responsable de Benestar Social é Anxos Riveiro.
Do mesmo xeito posicionouse Carmen Moreira coa integración de Pontevedra no transporte metropolitano: "É evidente que o goberno de Pontevedra non ten intención de entrar no transporte metropolitano,unha iniciativa que permitiría aos pontevedreses menores de 19 anos viaxar gratis". O certo é que o goberno municipal non fixo ninguna xestión ante a Xunta de Galicia en todo o ano 2017.
Por último, ambas coincidiron en que "Pontevedra terá que agardar polo goberno da Marea en maio de 2019 para que estas proposta sexan unha realidade para os veciños".
Relacionadas:
-
Marea esixe ao goberno municipal que poña en marcha "dunha vez" a renda social
Por Redacción |
-
A renda social municipal poderá cobrarse como máximo durante un ano
Por Alejandro Espiño |
-
Lores ve "fóra de lugar" as críticas de Marea ao retraso da renta social
Por Alejandro Espiño |
-
Marea confirma que se absterá no pleno de orzamentos
Por Redacción |
-
O orzamento municipal de 2018 péchase en 75 millóns
Por Alejandro Espiño |
-
A postura de Marea co orzamento municipal será a de "Junts pel sí o per l'abstenció"
Por Oskar Viéitez |
-
A renda social municipal, única "pedra no camiño" para que Marea apoie os orzamentos de 2018
Por Diego Espiño |