Dous tráileres esmagan un turismo en Vilaboa
Por Redacción
Un turismo que circulaba pola estrada nacional N-550 á altura da gasolineira de Paredes, no termo municipal de Vilaboa, quedou esmagado por dous tráileres.
Sucedeu ao redor das dúas da tarde. Segundo explicaron testemuñas presenciais o turismo chocou coa parte traseira dun camión e outro tráiler que viña detrás impactou contra el emparedándolo.
Ata o lugar do suceso achegouse unha ambulancia para atender o condutor. O seu estado non revestía gravidade. Tamén acudiron efectivos da agrupación local de Protección Civil.
Como consecuencia do sinistro permaneceu cortado temporalmente un carril de tráfico en dirección a Vigo.