O espazo gastronómico do mercado estará vinculado co mar
Por Alejandro Espiño
O peixe é, como non podía ser doutra forma, punto forte da praza de abastos de Pontevedra. Por iso é polo que o Concello decidise que o espazo gastronómico que se habilitará na primeira planta do mercado teña un marcado vínculo co mar.
Para optar á vintena de postos, que se adxudicarán en concurso público, terán maior puntuación aquelas propostas relacionadas co peixe e o mar, tanto desde o punto de vista do produto que ofrezan como en materia estética.
É un dos criterios que o goberno municipal marcou para un proceso que se iniciará nas próximas semanas, en paralelo coas obras de reforma que se realizarán, se non hai imprevistos, a partir do mes de maio.
A concelleira de Promoción da cidade, Anabel Gulías, explicou que os criterios para estes novos usos tamén inclúen priorizar as propostas que sexan orixinais, as que apostan por produtos artesanais, ecolóxicos ou a granel, as que fomenten un consumo responsable e unha alimentación saudable ou as que teñan en conta ao público infantil.
Ademais, a selección farase de forma que se diversifique a oferta, de forma que non haxa propostas similares entre postos e terase en conta que, para as degustacións gastronómicas, os produtos adquíranse na propia praza de abastos.
O Concello pretende reservar un espazo para degustacións puntuais de produtos e estudar a posibilidade de habilitar postos efémeros, que poidan ser ocupados por propostas internacionais que acudan como convidadas a este espazo gastronómico.
Gulías explicou que un total de catorce empresas presentaron oferta para executar as obras necesarias para reformar esta primeira planta, que se financiarán con fondos europeos, e que custarán 279.000 euros. Os traballos durarán dous meses e acordarase coas praceiras o calendario de obras para minimizar as molestias.
O investimento municipal na praza complétase con outros 31.000 euros, que servirán para acomodar os usuarios que se trasladan á planta baixa. Así, 10.300 euros serán para cámaras frigoríficas, 14.300 euros para unha caseta nova, 3.400 euros para acomodar un local multiusos para almacén e 2.100 euros para ampliar o espazo para taquillas.
Relacionadas:
-
Esperan que no primeiro trimestre do 2019 estea habilitado o espazo gastronómico do mercado
Por Oskar Viéitez |
-
O espazo gastronómico do mercado estará habilitado a finais de outubro
Por Alejandro Espiño |
-
Desbloqueadas as obras do Gorgullón, Multiusos, Ponte do Burgo e o Mercado de Abastos
Por Diego Espiño |
-
A empresa ACEVI reformará o mercado de abastos de Pontevedra
Por Redacción |
-
"Preocupación máxima" polo atraso do Goberno en liberar os fondos europeos
Por Alejandro Espiño |
-
Dez empresas, interesadas en peonalizar e iluminar a ponte do Burgo
Por Alejandro Espiño |
-
Sétima Feira despídese para volver a final de ano "diferente a como a coñecemos"
Por Alejandro Espiño |
-
O "novo" mercado de Pontevedra, a pleno rendemento a principios de 2019
Por Alejandro Espiño |
-
Nove praceiras amplían os seus postos no mercado de abastos de Pontevedra
Por Alejandro Espiño |