Red Mediaria celebra con éxito a súa II Convención en Pontevedra
Con máis dun centenar de asistentes, Red Mediaria celebraba esta fin de semana a súa II Convención en Pontevedra.
Con 18 oficinas abertas ao público en Galicia, Castela León e Estremadura, 53.500 clientes que confían en Red Mediaria, máis de 100 postos de traballo para atender ao cliente co máximo detalle e máis de 40 millóns de euros en primas intermediadas, é unha das corredurías máis importantes de España.
Para a gran familia de Red Mediaria, o lugar elixido para esta II Convención non é ao azar "xa que Pontevedra é a terra do noso querido amigo Antonio Vidal, que desgraciadamente nos deixou hai xa uns anos, pero que seguimos estrañando e agradecendo as leccións que moitos aprendemos del".
Segundo palabras da anfitrioa, Marisa Vidal, Xerente de Red Mediaria Pontevedra: "foi un pracer poder organizar esta II Convención. Vivino todo con moita ilusión e entusiasmo, tentando que todos volvan ás súas casas satisfeitos e felices".
Red Mediaria Pontevedra ten as súas instalacións na Praza da Estrela, no emblemático edificio da Cafetería Carabela, en pleno corazón da cidade de Pontevedra.
As Convencións de Red Mediaria teñen un obxectivo e destinatario principal: os empregados. "Queremos facerlles saber que son o máis importante e que coidamos deles. A máxima ambición dos xerentes de Red Mediaria é telos ao seu lado". E por este motivo, organizouse un amplo programa de actividades, con visitas a espazos emblemáticos da cidade de Pontevedra, degustación de produtos típicos e lecer.