Medio Rural garante a atención aos usuarios da oficina agraria de Ponte Caldelas
Por Redacción
Responsables dos servizos de Explotacións Agrarias e Gandería da Xunta de Galicia acudiron este xoves ata Ponte Caldelas para supervisar a reorganización que se fará na oficina agraria comarcal para garantir a atención no servizo ata que se produza o relevo do actual funcionario.
Os responsables do goberno galego sinalaron que xa está en marcha o procedemento para cubrir a praza a través da lista de interinidades.
Ata finais do presente mes, facilitarase a atención aos usuarios da oficina agraria con persoal destes servizos que se desprazarán ata este punto os martes e os xoves.
Os martes, de 10 a 12 da mañá, a oficina será atendida por técnicos de Gandería e Explotacións Agrarias, mentres os xoves, de 9 a 10, será un axente forestal o que recolla os permisos de corta.
Ademais, tamén se situou no taboleiro de información do Concello un teléfono de contacto para os urxencias que poidan xurdir.
A Xunta garante que a oficina seguirá a funcionar con normalidade en canto sexa nomeado o novo responsable da mesma.