As bases do Círculo de Podemos en Pontevedra queren ir ás eleccións municipais coa súa marca
Por Oskar Viéitez
Os membros do Círculo Podemos Pontevedra, Ángela Rodríguez, deputada no Congreso, e Marcos Cal, parlamentario na Xunta de Galicia valoraron moi positivamente a consulta interna realizada por Podemos para decidir a forma na que este partido presentarase ás próximas citas electorais.
No municipio de Pontevedra un 82,91% dos votos apoiaron a proposta do Secretario Xeral, Pablo Iglesias, de acudir ás eleccións en coalición con outras forzas irmás engadindo a marca PODEMOS ás destas.
Seguindo o mandato dos inscritos, nas próximas semanas o Círculo Podemos Pontevedra iniciará negociacións con distintos actores na procura dunha fronte ampla co que afrontar as próximas citas electorais.
XUNQUEIRA DE ALBA
O Círculo Podemos Pontevedra denunciou o que consideran un "novo ataque" que podería sufrir o Espazo Natural de Interese local Xunqueira de Alba se se leva a cabo a construción prevista dun área comercial no Vao polo que presentará alegacións no prazo previsto pola Administración local.
A inmobiliaria Ponteno, del Grupo Nogar, leva máis de quince anos tramitando a ampliación do polígono comercial e empresarial do Vao, a carón da autoestrada AP-9 e da estrada entre Pontevedra e Vilagarcía a PO-531.
Nestes días remata o prazo aberto pola Dirección Xeral de Comercio para conceder a autorización que xunto ao permiso de Costas para facer o aparcadoiro son trámites necesarios para que a promotora deste área comercial poida solicitar a licenza municipal para iniciar as obras de construción dun parque con 15.140,56 metros cuadrados edificables.
A inmobiliaria Ponteno informou do interese por instalarse neste emprazamento das marcas Decathlon, Norauto, Vegalsa-Eroski, Aki e JYSK.
Por último, o círculo prevé elixir nas próximas semanas novas portavocías entre os seus membros.
Relacionadas:
-
Podemos e Esquerda Unida presentaranse xuntos ás municipais en Pontevedra
Por Alejandro Espiño |
-
Luis Rei e Luis Villares ven a Marea Pontevedra encabezando un goberno de coalición en 2019
Por Alejandro Espiño |
-
Luís Rei, primeiro 'alcaldable' confirmado para as eleccións municipais de 2019
Por Redacción |