A Policía Local de Poio detecta tres taxis incumprindo a normativa de transporte escolar
Por Redacción
No marco dun operativo de control realizado pola Policía Local de Poio detectáronse varios taxis que inclumprían a normativa necesaria para realizar transporte escolar.
Este campaña de control desenvolveuse nas inmediacións do IES de Poio.
Segundo explicou a Policía Local, comprobaron que tres taxis do municipio carecen da autorización para realizar transporte público regular de uso especial escolar, polo que os axentes municipais procederon a trasladar os expedientes o Servizo de Mobilidade de Transportes da Xunta de Galicia, organismo competente para establecer unha posible sanción.
A Lei de Ordenación de Transportes Terrestres recolle como infracción moi grave o non estar en posesión desta autorización, cuxos requisitos se recollen no Real Decreto 443/2001 sobre as condicións de seguridade no transporte de menores.