A antiga escola dos Campos en Mourente será a sede do Grupo de Desenvolvemento Rural
Por Redacción
Na Xunta de Goberno deste luns aprobábase o proxecto de acondicionamento de local na antiga escola dos Campos en Mourente co obxectivo de dar cabida á sede do Grupo de Desenvolvemento Rural (GDR) Pontevedra-Morrazo, que actualmente se atopa no edificio municipal de Santa Clara.
O portavoz do goberno local, Raimundo González, indicaba que se situará nunha parcela na que se atopan outros dous edificios municipais. A sede situarase onde ante se atopaba o colexio de educación primaria, que foi trasladado á urbanización de Monte Porreiro.
A obras contará cun importe de 452.000 euros e xestionarase con fondos Leader para que se obteña unha subvención dunha contía máxima do 30 ou do 40% do custo deste proxecto. O resto dos gastos serán asumidos polo Concello de Pontevedra, que forma parte do GDR, xunto a Barro, Bueu, Campo Lameiro, Cangas, Cerdedo-Cotobade, Marín, A Lama, Poio, Moaña, Soutomaior, Ponte Caldelas e Vilaboa.
O inmoble rehabilitaríase de maneira integral. Na planta baixa, cunha superficie de máis de 233 metros cadrados, está prevista a creación dun vestíbulo e sala de usos múltiples, aseos, cuartos de limpeza e almacéns. A segunda planta cunha superficie de case 240 metros cadrados, construiranse despachos, unha sala de reunións, almacén e outras dependencias para acoller estas oficinas.