Sanxenxo resiste ante o mal tempo con case un 60% de ocupación
Por Oskar Viéitez
O Consorcio de Empresarios Turísticos de Sanxenxo (CETS) informou este domingo que a Semana Santa pechouse cun 58% de ocupación de ocupación hostaleira un dato que valoran como un exemplo de resistencia fronte ao mal tempo vivido durante estes días.
Nun comunicado, a patronal que preside Francisco González sinala que "a climatoloxía nos deixa sen dúbida un sabor agridoce", despois desta cadea de borrascas que trouxeron moita choiva, vento, baixas temperaturas e problemas coa neve nas vías de conexión co norte de España con neve, que "daban ao traste coa idea de superar os xa históricos resultados do 2017".
Pero tamén "nos demostran a solidez dunha marca turística" que con mais do 50% das súas prazas abertas, das 16.000 prazas de hospedaxe reguladas das que dispón, foi capaz de superar o 58% de ocupación media dos seus establecementos "no que sen dúbida foi unha das peores condicións climatolóxicas que lembramos e podiámonos/podiámosnos esperar".
No referente ao gasto tamén se fixo notar a climatoloxía xa que as terrazas non puideron funcionar.
Francisco González apunta que "isto nos debe lembrar a importancia que como marca e destino debemos seguir traballando na promoción da nosa marca turística".
Relacionadas:
-
A aplicación turística deseñada polo IES Johán Carballeira, activa durante a Semana Santa
Por Redacción |
-
Natureza e gastronomía, principais atractivos para converter ao interior das Rías Baixas nun destino turístico de moda
Por Oskar Viéitez |
-
Carmela Silva anima os turistas a gozar da "máxica" choiva das Rías Baixas
Por Noelia Torres Pintos |