Sufocan un incendio provocado por un raio no tellado dunha vivenda de Cuntis
Por Redacción
Efectivos de distintos servizos municipais e de emerxencias acudiron na tarde deste venres ata o lugar de Trasponte, na parroquia de Cuntis, para sufocar un incendio que se iniciara nun tellado dunha vivenda na que residen tres persoas.
Segundo informou o Concello de Cuntis, o incendio foi provocado por un raio sobre as 15.45 deste venres 30 de marzo.
Unha dotación de Protección Civil realizou a primeira intervención ata a chegada de efectivos dos Bombeiros do Salnes e o Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) da Estrada, que se fixeron cargo das tarefas de extnción.
O suceso tamén supuxo a intervención da Garda Civil do posto de Cuntis e de efectivos da Policia Local do municipio. Ademais, trasladouse ao lugar a concelleira Conchy Campos, que, unha vez sufocado o incendio, coordinou as actuaciós posteriores.
Efectivos de Protección Civil procederon a tapar a vivenda cun toldo para que non sufrira máis danos.