O ceo concede unha tregua e permite a saída da procesión da confraría do Mayor Dolor
Por Diego Torrado & Redacción
A incerteza marcou toda a xornada deste Mércores Santo para as integrantes da confraría de Nuestra Madre del Mayor Dolor. Esta agrupación era a encargada da organización da procesión da Santísima Virxe da Soidade e Xesús Nazareno coa Cruz ao lombo prevista para que saíse ás 21.00 horas da Basílica de Santa María. Ante a inestabilidade meteorolóxica, decidiron iniciar antes a comitiva. Algúns dos integrantes das confrarías que participaron camiñaron descalzos, a pesar de que o chan estaba húmido das choivas caídas durante as últimas horas.
O recorrrido realizouse polo centro histórico pasando pola Rúa Real, a praza de Curros Enríquez e Don Filiberto ata volver recollerse na basílica. Como é tradicional, as mulleres da confraría visten roupas negras con manto e peite acompañando á talla.
Na noite deste Mércores Santo, o grupo Arume ofrecía a interpretación de 'La Pasión' na igrexa de San Bartolomé. Segundo o director desta agrupación, trátase da última que realizan en Pontevedra debido á falta de apoio instititucional e privado.
XOVES SANTO
Durante este Xoves Santo, se as condicións meteorolóxicas permíteno, está previsto que leve a cabo a procesión dos Pasos, unha das citas importantes da Semana Santa pontevedresa coa presenza das confrarías de Nuestra Señora del Mayor Dolor; de Nuestra Señora del Amor Hermoso, do Silencio; do Corpo Santo; do Espíritu Santo; de Nuestro Padre Jesús con la Cruz a cuestas e coa da Vera-Cruz y Misericordia. Todas elas acompañarán as imaxes do Paso da Cea; da Oración no Horto e o bico de Xudas; a de Xesús Cativo e Paso da Flaxelación; a de Xesús atado á columna; a do Ecce Homo e a da Cruz ao lombo para rematar coa do Santísimo Cristo da Expiración e Virxe da Soidade.
Está previsto que parta ás 20.00 horas da Basílica de Santa María e realizará un percorrido pola Michelena ata a rúa Sarmiento, Curros Enríquez e de novo, finalzaría na avenida de Santa María.
Relacionadas:
-
Unha multitudinaria procesión do Encontro pon punto e final á Semana Santa pontevedresa
Por Redacción & Diego Torrado |
-
O mal tempo obriga a suspender a procesión do Santo Enterro
Por Redacción |
-
Suspenden a procesión de Xoves Santo ante a alerta de temporal
Por Anxo Lourido |
-
Centos de devotos asisten á procesión do Nazareno e a Esperanza
Por Mónica Patxot & Redacción |
-
Nova imaxe na procesión do Luns Santo para a mesma devoción da Vera Cruz
Por Diego Torrado & Redacción |