185.000 euros para rematar a rehabilitación do Priorado de Arra e convertelo nun centro sociocultural
Por Redacción
Unha nova actuación no Priorado de Arra permitirá convertelo nun centro sociocultural para uso e goce de todos os veciños, non só do lugar, senón de todo o municipio de Sanxenxo. Con esta terceira fase súmase un investimento total na casa de 399.000 euros.
Así cun orzamento de 185.000 euros, que serán financiados con cargo ao Plan Concellos da Deputación de Pontevedra, van acondicionar na planta baixa: un local de ensaios, dous locais para asociacións, un terceiro local para almacén, aseos, un distribuidor e un alpendre.
Na primeira planta farase unha sala de usos múltiples, un despacho, un almacén e un vestíbulo. Entre as dúas plantas suman unha superficie útil de 480 metros cadrados.
Ademais, a edificación dispón dun patio interior ao aire libre, que poderá ser utilizado para a realización de actividades no exterior.
Casa Priorado de Arra é unha edificación de carácter tradicional, actualmente sen uso, que no seu momento foi vivenda duns monxes benedictinos relacionados co Mosteiro de Armenteira.
Recentemente levou a cabo unha actuación importante, que consistiu na restauración da cuberta e os muros de cerramento da edificación, na que se investiron 190.000 euros. Ademais, instaláronse xanelas e portas cun orzamento aproximado de 24.000 euros.
Relacionadas:
-
Sete empresas aspiran a remodelar casa Priorado de Arra
Por Oskar Viéitez |
-
Licitan a rehabilitación da Casa Priorado de Arra
Por Redacción |
-
O Priorado de Arra acollerá un albergue e incluirase na Ruta Sarmiento
Por Redacción |
-
A Deputación investiu en Sanxenxo máis de 3,5 millóns de euros o pasado ano
Por Redacción |
-
Nova vida para a Casa do Priorado
Por Redacción |