O programa de formación de adultos de Cuntis, unha referencia na comarca
Por Redacción
O programa de formación para adultos para a obtención do graduado escolar en Educación Secundaria cumpre en Cuntis 15 anos de actividade convertido nunha referencia na súa zona de influencia.
Posto en marcha no ano 2003, actualmente conta cunha media de 40 alumnos matriculados nos catro cursos da ESO e unha decena consegue cada ano o título académico.
Este programa, dirixido a persoas maiores de 18 anos ou menores que conten cun contrato laboral en prácticas que non terminaron con éxito a súa formación educativa, depende do financiamento do Concello.
Así o goberno local achega anualmente 39.000 euros, destinados en gran parte desde 2006 á contratación dunha docente.
O traballo do persoal da concellería de Servizos Sociais e a disposición dos propios alumnos permitiron que o centro de formación da Ran preste un importante servizo aos veciños de Cuntis e tamén doutros municipios limítrofes.