Centos de devotos asisten á procesión do Nazareno e a Esperanza
Por Mónica Patxot & Redacción
Os actos relixiosos do Martes Santo concluíron coa procesión de Jesús Nazareno e María Santísima da Esperanza, unha comitiva que saía da igrexa de San Bartolomé para percorrer o centro histórico pasando pola praza do Teucro, A Ferrería e Pasantería para recollerse de novo no templo de San Bartolomé.
Centos de fieis seguiron este percorrido da confraría do Nuestro Padre Jesús del Silencio con acompañamento da confraría do Mayor Dolor.
MÉRCORES SANTO
Este mércores celebrarase a partir das 21.00 horas a procesión da Santísima Virxe da Soidade e Xesús Nazareno coa Cruz ao lombo. Partirá da Basílica de Santa María. Nela participa a confraría de Nuestra Madre del Mayor Dolor, con representantes doutras agrupacións participantes nesta semana Santa.
Ás 21.30 horas, a igrexa de San Bartolomé acollerá a representación de 'La Pasión', a cargo do grupo Arume, coa colaboración do coro 'Luís García Limeses'. Os fondos que se obteñan irán destinados a Cáritas Interparroquial.
Relacionadas:
-
Unha multitudinaria procesión do Encontro pon punto e final á Semana Santa pontevedresa
Por Redacción & Diego Torrado |
-
O mal tempo obriga a suspender a procesión do Santo Enterro
Por Redacción |
-
Suspenden a procesión de Xoves Santo ante a alerta de temporal
Por Anxo Lourido |
-
O ceo concede unha tregua e permite a saída da procesión da confraría do Mayor Dolor
Por Diego Torrado & Redacción |
-
Nova imaxe na procesión do Luns Santo para a mesma devoción da Vera Cruz
Por Diego Torrado & Redacción |
-
A previsión de chuvia pon en perigo as procesións de Semana Santa
Por Gabriela Varela Asorey |