Briz, un espazo para a integración laboral
Por Redacción
Unha vez máis a colaboración do Concello de Marín coa Fundación Xoán XXIII dá froitos en forma de arte e integración laboral.
Da colaboración entre ambas as institucións xorde un novo atractivo para a Finca de Briz. Esta vez, continuando coa iniciativa artística emprendida a través da creación de esculturas de madeira, colocouse unha escultura de fibra de vidro representando unha xirafa de seis metros e medio de alto.
Pero, como destaca a concelleira de medio ambiente, Marián Sanmartín, "o verdadeiro valor non reside na imaxe que se expón, senón na súa propia creación, xa que esta escultura foi creada por unha persoa con discapacidade durante un proceso de formación para o emprego na Empresa Galventus".
Ademais, segundo manifesta José Lois Pazos, representante da empresa, o creador da xirafa asinou un contrato de traballo que ao seu xuízo "dota ao proxecto de pleno valor artístico e social".
Esta é a primeira colaboración artística doutras que se presentarán ao longo do ano e que como esta darán lugar a oportunidades laborais para as persoas con discapacidade.
Relacionadas:
-
O esquío "Sandra", a última escultura de Briz
Por Redacción |
-
Novo acto vandálico na Finca de Briz
Por Redacción |
-
Lapis de cores reinan en Marín
Por Redacción |
-
Chega un novo veciño á Finca de Briz: unha curuxa de madeira
Por Oskar Viéitez |
-
Marín prepárase, baixo a chuvia, para as visitas de Semana Santa
Por Redacción |
-
Novas camelias para a Finca de Briz
Por Redacción |
-
Os actos vandálicos cébanse con Marín, con danos na Finca de Briz e un parque infantil
Por Redacción |