Saen publicadas as axudas da Xunta para a contratación de orientadores laborais
Por Redacción
O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica este martes a resolución das axudas para este ano para a contratación ou renovación de orientadores laborais.
Se trata das contratacións que fan concellos, confederacións e asociacións empresariais e sindicais de Galicia e entidades sen ánimo de lucro especializadas en atención a persoas con discapacidade ou en situación de exclusión social, que realicen accións de orientación laboral.
A Consellería de Economía, Emprego e Industria destina a estes apoios máis de 110.000 euros aos concellos de Poio, A Lama, Marín e a Federación Aspace Galicia.
Cuntis tamén é outro dos concellos beneficiarios ao igual que acontece cos 208.000 euros correspondentes a Cambados, Sanxenxo, Vilagarcía de Arousa e O Grove, así como a Asociación Bata e a Fundación Amigos de Galicia.
A contía máxima da subvención que se concedeu con carácter xeral será de 25.000 euros por cada persoa técnica de orientación laboral contratada a tempo completo durante un período de 12 meses, tomando como referencia os custos de contratación totais, incluída a cotización empresarial á Seguridade Social. A cantidade será de 28.000 euros no caso das entidades sen ánimo de lucro de atención a persoas con discapacidade.