Tres mozos identificados por roubar cartos e móbiles a participantes no botellón
Por Redacción
Na madrugada do sábado ao domingo a Policía Local de Pontevedra logrou por nome aos responsables dun suceso que xa se estaba convertendo en habitual nas noites dos fins de semana, os roubos a mozos participantes no botellón no parque Rosalía de Castro.
Segundo informou a Policía Local, nas últimas semanas recibiran diversas queixas de mozos que foran vítimas de roubos, especialmente de cartos e telefónos móbiles e ben avanzada a madrugada.
Ao parecer, os autores dos roubos esperaban a que xa quedasen poucas persoas no recinto habilitado para o botellón e ameazaban as súas vítimas para quitarlles as súas pertenzas.
Na madrugada do sábado 6 ao domingo 7 de outubro a Policía Local recibiu unha nova denuncia. Un mozo que apuntaba que lle roubaran un teléfono marca Blackberry.
Grazas aos datos achegados pola suposta vítima, os axentes localizaron na rúa Pai Fernando Olmedo a tres individuos que, unha vez cacheados, tiñan encima o móbil presuntamente subtraído e que respondían ás características físicas dos ladróns.
A Policía Local atribúelles os roubos rexistrados nas últimas semanas e tamén un que se produciu á beira dun establecemento 24 horas da rúa Pai Amoedo, no que roubaran a un mozo 70 euros en metálico e un teléfono móbil.
Localizan á autora dun furto por vestir o xersei que acababa de roubar
O xoves 4 de outubro a Policía Local tamén identificou a unha muller por un delito contra a propiedade,no seu caso, polo furto dunha botella de viño de 1,5 litros e un xersei de cor verde a un repartidor da súa furgoneta de traballo nunha rúa do centro da cidade.
Ao redor das 10.45 horas, o repartidor denunciou que acababa de ser vítima do furto e achegou os datos da presunta autora do mesmo a unha patrulla que forma parte dun dispositivo de vixilancia da zona zona comercial posto en marcha pola Policía Local.
Unha hora máis tarde, a presunta ladroa foi localizada nas inmediacións da Praza de Galicia. Os axentes identificáronlle porque levaba posto o xersei cuxa subtracción acababa de ser denunciada. Cando estaban procedendo á súa detención a camareira dun establecemento de hostalería do casco histórico recoñeceuna como a persoa que lle roubou a carteira días anteriores.
Os axentes trasladaron á suposta ladroa á Comisaría Provincial e alí localizáronlle artigos cuxo hurto fora denunciado en cinco comercios diferentes da cidade: varios bolígrafos, un bolso emarcos de fotos. A muller ten numerosos antecedentes policiais por feitos similares.