A caída de Tania Varela ou "cómo muchas veces el dinero interrumpe capacidades de las personas"
A historia de Tania Varela é, para Carmen Avendaño, un exemplo de "cómo muchas veces el dinero interrumpe capacidades de las personas". A avogada de Cambados foi detida este luns na localidade catalá de Vilanova i a Geltrú, onde podería levar residindo un ano, segundo os Mossos d'Esquadra, e, tras coñecerse o seu paradoiro despois de anos fuxida da Xustiza, a presidenta de Érguete fai un repaso en catro pinceladas pola súa biografía.
Lembra a 'nai coraxe contra a droga' que a carreira profesional de Tania Varela empezou vinculada ao Centro de Información á Muller (CIM) de Cambados, do que foi principal responsable entre 2001 e 2004, e que naqueles anos "hizo un trabajo muy bonito" como "defensora de la mujer maltratada".
Antes dunha entrevista en PontevedraViva Radio, e acompañada polo seu marido, Avendaño lembra o "buena profesional que había sido como abogada en Cambados", pero tamén as sombras que esconde a súa historia a partir de entón.
"Empezó a relacionarse con el hijo de Esther Lago y ya ahí se fue complicando la vida", lembra Carmen Avendaño, en referencia a que en 2006 relacionóuselle con David Pérez Lago, fillastro de Laureano Oubiña, co que tiña unha relación e con quen foi detida nunha operación antidroga contra unha organización que tentaba introducir un alixo de preto de 2.000 quilos de cocaína.
"Yo lo sentí mucho en aquel momento", sostén Avendaño, pues "era una chica joven y te das cuenta de que muchas veces el dinero hace perder las cualidades que uno tiene profesionales". A partir de entón, "se metió en organizaciones y, además, muy peligrosas".
Tras un breve paso por prisión provisional, foise a Madrid e empezou presuntamente unha relación co seu avogado, Alfonso Díaz Moñux, que en decembro de 2008 foi asasinado a tiros por uns sicarios no garaxe da súa casa. Foi un episodio negro que a propia Tania Varela presenciou desde o o asento do copiloto.
Aquela operación antidroga de 2006 acabou en condena no ano 2011. A Audiencia Nacional impúxolle sete anos de prisión, ela recorreu ante o Tribunal Supremo e, cando chegou a confirmación do fallo e a orde de ingreso en prisión, en xaneiro de 2013, xa non entrou na cadea. "Se escapó. Yo no volvía a saber más de ella durante todos estos años. Supongo que estaría por ahí por países sudamericanos", indica Carmen Avendaño.
No momento da súa detención tiña tres ordes de detención polos delitos de tráfico de drogas e branqueo de capitais, dúas da Audiencia Nacional e unha do Xulgado de Instrución número 2 de Cambados.
Relacionadas:
-
Tania Varela pide ao tribunal que a xulga por branqueo de capitais "una sentencia justa" e que se declare a súa inocencia
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
Tania Varela, a 'narcoabogada' que sinte "rechazo" polo narcotráfico
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
A narco avogada Tania Varela será xulgada na Audiencia a principios de 2019
Por Natalia Puga |
-
RADIO.- A playlist de..."a matriarca": Carmen Avendaño
Por Marisa Ciordia |
-
Os Mossos deteñen á narcoavogada arousá Tania Varela
Por Natalia Puga |