Os Mossos deteñen á narcoavogada arousá Tania Varela
Por Natalia Puga
A avogada arousá Tania Varela Otero, a única muller na lista de 70 fugitivos máis buscados de Europol, foi detida na localidade catalá de Vilanova i la Geltrú.
Os Mossos d'Esquadra informaron a través da súa conta de Twitter do arresto, que se produciu na tarde deste luns, nesta localidade próxima a Barcelona tras sete anos fuxida da Xustiza.
Detenida en Vilanova i la Geltrú una narcotraficante a quien le constan tres órdenes de detención por blanqueo de capitales y tráfico de drogas
— Mossos (@mossos) 26 de marzo de 2018
Tania Varela (Cambados, 1974) fíxose coñecida como avogada de coñecidos narcotraficantes do Salnés e posteriormente pola relación que mantivo con David Pérez Lago, fillastro de Laureano Oubiña.
Pouco despois, ela mesma pasou a protagonizar operacións de narcotráfico e no ano 2006 foi detida nunha operación contra o tráfico de drogas pola que no ano 2013 foi condenada a sete anos de prisión pola súa relación cun alixo de 2.000 quilos de cocaína. A condena chegoulle cando xa estaba fuxida da Xustiza.
A narcoavogada, de 44 anos, tiña tres ordes de detención diferentes polos delitos de tráfico de drogas e branqueo de capitais.
Un dos episodios máis negros da súa biografía foi o asasinato a tiros no ano 2008 de quen era a súa parella, o tamén avogado Alfonso Díaz Moñux, defensor de coñecidos narcotraficantes a quen acabaron executando uns sicarios nun escuro incidente que ela mesma presenciou, pois estaba sentanda no coche cando chegaron os executores.
Aínda que desde o ano 2011 xa non se teñen noticias súas, a primeira evidencia contundente de que estafa fuxida chegou no ano 2013, pois en xaneiro debía entrar en prisión para cumprir a súa condena de sete anos, pero nunca máis apareceu.
Relacionadas:
-
Tania Varela, a 'narcoabogada' que sinte "rechazo" polo narcotráfico
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
O ocaso dos vellos narcos: caen Sito Miñanco, Manuel Charlín e Tania Varela
Por Natalia Puga |
-
A narco avogada Tania Varela será xulgada na Audiencia a principios de 2019
Por Natalia Puga |
-
A caída de Tania Varela ou "cómo muchas veces el dinero interrumpe capacidades de las personas"
Por Natalia Puga & Gabriela Varela Asorey |