Veciños contra o composteiro de Eduardo Pondal: "Que digan la gente que no lo ha pedido"
Por Natalia Puga & Clara Alonso
Un grupo de veciños da contorna das rúas Eduardo Pondal e Teixoeira, entre as que está situado o novo composteiro comunitario instalado polo Concello de Pontevedra, entregaron este luns no rexistro municipal 348 firmas recollidas para pedir a retirada da instalación. Argumentan que existe moito "malestar" no barrio e que son moitos máis os cidadáns que están en contra que os partidarios da súa instalación.
Un total de 44 familias da contorna de Eduardo Pondal e O Gorgullón asinaron a iniciativa da asociación de veciños para solicitar ao Concello a instalación dun composteiro comunitario no barrio e o Concello explica que empezou coa instalación en resposta a esta petición. O argumento non convence a este grupo de cidadáns contrarios á instalación, que indica que "ellos fueron 40 y nosotros somos 348".
"Que digan la gente que no lo ha pedido, aquí estamos. Y no somos ninguna plataforma de ningún signo político ni nada. Somos unos cuantos vecinos que hemos empezado a reunirnos", explicou ás portas da casa consistorial un destes veciños, Luís Regueiro.
Este luns acudiron ao rexistro municipal tres veciños en representación de todos os que asinaron a petición e explican que non forman parte de ningún colectivo, senón que tan só queren presentar as firmas "para que el ayuntamiento se de cuenta de que también somos vecinos".
Estes veciños do barrio queren deixar claro que "no estamos en contra del compostaje", senón da forma na que se puxo en marcha este proxecto. "Un ayuntamiento que se preste no puede hacer esto de esta manera", critican, pois cren que o Concello debería realizar unha campaña de información máis completa e, con todo, "la información fue nula" e "habían informado entre ellos a unas cuantas personas".
Segundo aseguran, descoñecen onde se realizou esa recollida de firmas de 44 familias inicial, pero eles empezaron a reunirse e atopáronse con que "la gente estaba desinformada" e fixérano "de tapadillo, de un día para otro", segundo indica outra das veciñas que este luns achegouse ao Concello, Pilar Bértolo.
Tras a entrega de 348 firmas este luns, continuarán coa recollida de máis apoios a través de distintas comunidades de veciños e na librería de Eduardo Pondal porque queren deixar claro que é necesario cambiar a localización do composteiro.
Estes veciños argumentan que "el compostaje huele" e puxérono diante de edificios, nunha área da cidade moi poboada e a única zona verde que hai en todo Eduardo Pondal. Eles non falan de ningunha localización alternativa porque consideran que é o Concello quen "debería tenerla y proponerla" e non van entrar o xogo de ser eles quen "le mandemos el marrón a otra persona, otra gente, otro edificio".
Relacionadas:
-
Veciños de Ponte Boleira opóñense á "inadmisible" instalación dun composteiro fronte a un edificio
Por Redacción |
-
Un "PP cavernícola" e a "fuxida" de Mosquera "co Plan Revitaliza cara a Bruxelas"
Por Oskar Viéitez |
-
Lores sobre a oposición aos composteiros: "quen non queira colaborar polo menos que non poña paus nas rodas"
Por Redacción |
-
300 sinaturas en contra do composteiro de Eduardo Pondal
Por Redacción |
-
O goberno local considera que Moreira acabou "metendo nun lío" á Xunta
Por Oskar Viéitez |
-
Os estudantes de Enxeñería Forestal achéganse ao proceso de compostaxe
Por Alejandra Iannone |
-
Instalarán "o máis rápido posible" dous ou tres centros de compostaxe máis en Eduardo Pondal
Por Alejandro Espiño |
-
Eduardo Pondal inaugura a súa central de compostaxe
Por Alejandra Iannone |
-
Veciños de Eduardo Pondal e O Gorgullón piden un composteiro para este barrio
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |