Tres unidades de handbike para mellorar a mobilidade
Amisepre é a denominación do Servizo de Préstamo de Axudas Técnicas que a asociación Amizade porá en funcionamento no mes de abril de 2018.
Ence prestoulles unha axuda no ano 2017 que lles permitiu adquirir tres unidades de handbike. Trátase dun elemento que se acopla a unha cadeira de rodas manual converténdoa nun elemento motorizado.
Esto permítelle as persoas con discapacidade contar con maior mobilidade e resistencia, cousa que lles da moitas máis opcións de poder gozar do seu tempo de ocio.
A xornada formativa tivo lugar o 24 de marzo e nela, os socios de Amizade, adquiriron coñecementos sobre o funcionamento y probaron o seu manexo.
O mes de abril dará comezo á posibilidade de solicitar o préstamo de calquera das unidades, para o cal será necesario seguir o procedemento que se establece no regulamento deste servizo. Este regulamento pódese atopar na web da asociación Amizade.