O PP chama a veciñanza de Poio a participar na manifestación pola rebaixa do IBI
Por Redacción
O Partido Popular convocou unha manifestación para este luns ás 20.30 horas para reclamar a rebaixa do Imposto de Bens Inmobles (IBI). A marcha iniciarase no cemiterio municipal e desprazarase ata a Casa do Concello, alí levará a cabo unha concentración coa idea de forzar ao goberno local a diminuír o tipo de gravame do IBI urbano, pasando de 0,47 a 0,43.
Anxo Moldes, portavoz do grupo municipal popular, mantivo durante as últimas horas encontros cos veciños para explicarlles a necesidade de que participen, xa que entende que só cun apoio masivo por parte dos veciños de Poio pódese conseguir que paguen menos.
Os populares reclaman tamén o estudo da aplicación de bonificacións potestativas como as baseadas nas condicións socioeconómicas dos contribuíntes, familias numerosas ou a existencia de vivendas con sistemas de aforro de enerxía.
Moldes insiste en que miles de familias víronse afectadas pola regularización catastral recibindo, nalgúns casos, recibos por atrasos superiores aos 6.000 euros. Os populares esperan unha gran participación porque centos de veciños interesáronse por este acto de protesta.