Ramos, sol e burriña: comeza a Semana Santa
Por Diego Torrado & Anxo Lourido
Milleiros de persoas participaron na primeira procesión da Semana Santa pontevedresa seguindo o percorrido da imaxe da burriña traslando a Xesús polas rúas do centro de Pontevedra, en recreación da entrada de Cristo en Xerusalén.
A comitiva iniciábase tras a misa das 11.00 horas na a Igrexa de San José, oficiada por Casimiro Fernández, para percorrer a praza da Peregrina, Curros Enríquez, Méndez Núñez e a rúa Sarmiento ata finalizar en San Bartolomé. A continuación en San Francisco celebrábase o acto relixioso da bendición de ramos e oliveiras, cos que os pequenos golpeaban á burra durante o percorrido.
O sol acompañou durante todo a maior parte do acto, aínda que a mañá contou con varios momentos de chuvascos e vento do norte, que provocaba unha sensación de frío.
Durante a tarde deste domingo, a igrexa de San Xosé de Campolongo acollía a actuación do grupo Arume coa súa tradicional representación da Paixón, que volverá ser representada o mércores 28 ás 21.30 horas na igrexa de San Bartolomé. Nesa ocasión, a agrupación estará acompañada do Coro Luís García Limeses.
Relacionadas:
-
Unha multitudinaria procesión do Encontro pon punto e final á Semana Santa pontevedresa
Por Redacción & Diego Torrado |
-
Nova imaxe na procesión do Luns Santo para a mesma devoción da Vera Cruz
Por Diego Torrado & Redacción |
-
O Museo de Pontevedra amplía o número de visitas guiadas durante a Semana Santa
Por Alejandra Iannone |
-
A Garda Civil de Pontevedra prestará especial atención aos peregrinos durante a Semana Santa
Por Redacción |
-
Rouco Varela celebra o "esplendor" que adquiriu a Semana Santa de Pontevedra
Por Redacción & Mónica Patxot |