As toalliñas húmidas lanzadas no inodoro provocan graves verteduras de augas fecais en Cuntis
Por Redacción
O goberno local de Cuntis decidiu iniciar unha campaña para tentar alertar á cidadanía sobre as consecuencias de verter toallas húmidas polo inodoro. Estes produtos de hixiene persoal do mesmo xeito que os tampóns, as compresas ou os bastonciños crean unha masa espesa e compacta que provoca atascos e malos cheiros nas arquetas, ademais de dano en rede de sumidoiros e terminan obstruyendo a rede de saneamento en distintos puntos deste municipio, ao impedir o paso fluído das augas residuais.
O alcalde Manuel Campos indica que se están rexistrando obstrucións continuas na rede de saneamento e xerando vertidos de augas fecais tanto nas vivendas como na vía pública ao provocar colapsos na rede de sumidoiros urbana. Esta situación, apunta o goberno local, provoca danos ambientais, económicos e de saúde pública.
Por este motivo iniciarase unha campaña de buzoneo informando os veciños para que deixen de lanzar estes produtos nos baños. Manuel Campos indica que a maioría das toallitas non son biodegradables porque non están elaboradas con celulosa ou con materiais que se desintegran ao entrar en contacto coa auga. Na maioría dos casos son plásticos e fibras resistentes que deben depositarse nos colectores de recollida selectiva.
No últimos seis meses interveuse, segundo o Concello, en máis de 50 ocasións na rede de rede de sumidoiros. Cada servizo para resolver estes atrancos ten un custo que oscila entre os 500 e os 650 euros.
A problemática rexístrase tanto no centro urbano onde os residuos derívanse á estación depuradora (EDAR) de Meira, como nos núcleos rurais. A presenza destes produtos de hixiene persoal ocasionan danos nas bombas das diferentes estacións depuradoras.
Desde o Concello de Cuntis reclaman a Augas de Galicia da Xunta que faga campañas para sensibilizar á poboación sobre estas situacións.