O que teño que facer... para ter publicidade
Quen pasou este venres a primeira hora da mañá pola praza de Curros Enríquez puido atopar cun gran alixo de 117 fardos da quilo remitidos desde Colombia.
O interior contiña un estimulante, pero non era coca, senón café.
Os fardos xogaban ao equívoco simulando a portada do libro 'Fariña' de Nacho Carretero, tan de moda estes días a raíz do secuestro ordenado por un xulgado de Madrid, e da popular serie de Antena 3.
Tentando subirse a ese exitoso carro o dono da tenda Tu Café, levou a cabo unha acción publicitaria xogando ao equívoco.
É a segunda ocasión na que este empresario emprega esta técnica, o pasado mes de decembro instalou en Vilagarcía un singular anuncio: "Lo mejor de Colombia entra por aquí". Hoxe empregou outro slogan "El torrefacto es para los viejos y para Terito; el café de especialidad es el futuro", aínda que ben podía utilizar estoutro: O que teño que facer... para ter publicidade.