300 sinaturas en contra do composteiro de Eduardo Pondal
Por Redacción
A instalación dun composteiro comunitario nun terreo público de Eduardo Pondal provocou a reacción de veciños da contorna da rúa Paxariñal e da propia avenida Eduardo Pondal. Os veciños desta contorna reuníronse e mostraron o seu descontento á falta de información sobre este servizo para crear compost a partir de residuos orgánicos.
Estes residentes indican que o compostero situouse fronte ás vivendas e consideran que se trata dunha "imposición sen posibilidade de réplica polas partes que non están de acordo", indican a través dun escrito. Estes veciños entenden que a forma de proceder do goberno local non é a máis adecuada para conseguir o consenso de todas as partes afectadas.
Os veciños recolleron 300 sinaturas que se presentarán no rexistro municipal o vindeiro luns 26 ás 12.00 horas. Neste escrito rexéitase a instalación ao entender que non se trata do mellor espazo para a súa localización. Pola contra, a concelleira Carme da Silva considera que a veciñanza está acollendo de maneira positiva estas instalacións e que a participación na aportación supera as expectativas.
Durante estes días, os operarios están a instalar outro composteiro comunitario na rúa de Ferro, no paseo próximo á estación de trens.
Relacionadas:
-
O goberno local confía en que os veciños "de boa fe" vexan como os composteiros non causan molestias
Por Anxo Lourido |
-
Veciños de Ponte Boleira opóñense á "inadmisible" instalación dun composteiro fronte a un edificio
Por Redacción |
-
Lores sobre a oposición aos composteiros: "quen non queira colaborar polo menos que non poña paus nas rodas"
Por Redacción |
-
Veciños contra o composteiro de Eduardo Pondal: "Que digan la gente que no lo ha pedido"
Por Natalia Puga & Clara Alonso |