O pleno municipal de Cuntis debaterá un cambio na ordenanza de recollida de lixo
Por Redacción
O goberno local de Cuntis quere actualizar a ordenanza de recollida de residuos, e por iso levará ao pleno municipal unha proposta para a súa renovación.
Trátase dunha medida que "se facía imprescindible", asegura o Concello, xa que a actual norma trátase dunha "ordenanza desactualizada que non recollía a realidade nin o detalle necesario para que fose eficiente", sinala.
En concreto levará ao pleno para o seu debate e aprobación a modificación da ordenanza fiscal de recollida de lixo.
A aplicación da nova norma supoñería un incremento de 0,45 euros na tarifa das vivendas urbanas, mentres que na das actividades económicas implementaríanse unha serie de puntos e melloras que pretenden corrixir os defectos da anterior ordenanza.