O goberno local considera que Moreira acabou "metendo nun lío" á Xunta
Por Oskar Viéitez
A concelleira de servizos, Carme da Silva, criticou a "actitude e os atrancos" postos polo Partido Popular ao despregue da compostaxe en Pontevedra.
Segundo dixo a concelleira nacionalista nunha rolda de prensa, o PP está utilizando "os mecanismos habituais" para poñer paus na roda do proceso, "recolle sinaturas contra a compostaxe comunitaria sen dar a cara" e "actúa activamente en contra" como sucedeu, segundo puxo de exemplo, coa intervención de Jacobo Moreira no Parlamento Galego ao insistir na teses de que para poñer en marcha composteiros comunitarios é preciso unha autorización.
Carme da Silva considera que Moreira acabou "metendo nun lío" á Xunta, ao Ministerio de Medio Ambiente e aos propios alcaldes do PP que están apostando pola compostaxe nos seus concellos ao abeiro do Plan Revitaliza da Deputación.
A concelleira de Servizos asegurou que a normativa vixente sinala que precisan autorización os centros composteiros de "carácter industrial" e que o Ministerio de Medio Ambiente "é consciente da falta de regulación sobre composteiros comunitarios".
Da Silva desvelou que o 6-7 de marzo o Ministerio convocou unha reunión para a posta en marcha da estratexia de economía circular en materia de residuos, na que estaban representantes do Plan Revitaliza da Deputación, e alí preguntóuselle expresamente a subdirectora xeral se hai algunha normativa para os centros de compostaxe comunitaria "e dixo que non, que hai un vacío legal" e estan traballando para tratar de ter antes do verán un borrador de decreto.
Ese borrador se trasladaría aos distintos actores intervintes neste proceso para que fagan aportacións ao decreto definitivo.
PERSOAL PROPIO
A concelleira de Servizos, Carme da Silva subliñou o "éxito" dos novos composteiros comunitarios instalados no barrio de San Brais e de Eduardo Pondal, que "desbordou con moito todas as previsións" pois segundo as mestras composteiras que fan o seguimento diario da instalación calculan que está a ser utilizado polo triplo dos usuarios previstos no planeamento inicial.
Carme da Silva informou que están recibindo cada vez máis peticións de instalacións de composteiros chegados de distintas zonas da cidade. "Para facer fronte a esta demanda" o Concello traballa na contratación de catro persoas para atender os centros de compostaxe xa que o persoal do Plan Revitaliza da Deputación Provincial asignado a Pontevedra "comeza a non dar abasto".
A concelleira de Servizos explicou que as bases para a contratación destas catro persoas: unha do Grupo A1 e tres do Grupo CI xa están redactadas e serán levadas a Xunta de Goberno Local do próximo luns para a súa aprobación.
O persoal propio do Concello, sumarase ás mestras composteiras do Plan Revitaliza e os bolseiros que poida incorporar a Deputación.
Relacionadas:
-
Un "PP cavernícola" e a "fuxida" de Mosquera "co Plan Revitaliza cara a Bruxelas"
Por Oskar Viéitez |
-
O Plan Revitaliza da Deputación, elixido como mellor experiencia ambiental de España
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
O Concello contratará persoal propio para avanzar no despregue da compostaxe
Por Redacción |
-
Veciños contra o composteiro de Eduardo Pondal: "Que digan la gente que no lo ha pedido"
Por Natalia Puga & Clara Alonso |
-
A Xunta asegura que os composteiros comunitarios precisan unha autorización para a súa instalación
Por Oskar Viéitez |
-
O PP critica o "fracaso estrepitoso" do plan de compostaxe da Deputación
Por Oskar Viéitez |
-
Os estudantes de Enxeñería Forestal achéganse ao proceso de compostaxe
Por Alejandra Iannone |
-
Madrid escolle o exemplo do Plan Revitaliza da Deputación
Por Redacción |
-
Eduardo Pondal inaugura a súa central de compostaxe
Por Alejandra Iannone |
-
San Brais e Eduardo Pondal estrean esta semana os composteiros comunitarios
Por Alejandro Espiño |