Cerdedo-Cotobade, Vilaboa e Ponte Caldelas compartirán responsable de tesourería
Por Oskar Viéitez
O Pleno do Concello de Ponte Caldelas aprobou por unanimidade a adhesión á agrupación de municipios, formada por Cerdedo-Cotobade, Ponte Caldelas e Vilaboa, para compartir a praza de tesourería.
Os tres municipios terán cuberta esta praza que, de xeito obrigado, debe estar a cargo dun funcionario con Habilitación nacional.
Nos estatutos que regulan este traballo se establece que a persoa que exerza este cargo terá unha distribución igualitaria do tempo de traballo nos tres concellos agrupados de acordo coa xornada laboral aprobada en cada un deles.
Para facilitar a xestión laboral da praza, Ponte Caldelas e Vilaboa transferirán mensualmente a Cerdedo-Cotobade a parte proporcional da nómina que lles corresponde.