A Xunta asegura que os composteiros comunitarios precisan unha autorización para a súa instalación
Por Oskar Viéitez
A Directora Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, Cruz Ferreira Costa, confirmou que para a instalación de composteiros comunitarios é preciso contar cunha autorización medioambiental, que o Concello de Pontevedra non ten solicitado.
A través dunha pregunta formulada na Comisión de Ordenación Territorial, Obras Públicas, Medio Ambiente e Servizos do Parlamento de Galicia, o voceiro do PP en Pontevedra e deputado autonómico, Jacobo Moreira, interesouse pola autorización necesaria para a instalación de composteiros comunitarios.
E Cruz Ferreira respostou que é preciso contar con esta autorización xa que se trata dunha actividade de xestión de residuos.
Así mesmo, non consta na Xunta de Galicia que o Concello de Pontevedra teña cursada ningunha solicitude para a obtención desta autorización medioambiental necesaria para a instalación destes composteiros comunitarios que xa están implantados en diversos lugares do municipio.
Relacionadas:
-
O goberno local considera que Moreira acabou "metendo nun lío" á Xunta
Por Oskar Viéitez |
-
O PP critica o "fracaso estrepitoso" do plan de compostaxe da Deputación
Por Oskar Viéitez |
-
Mosquera lamenta que o PP estea a "quentar a cabeza" aos veciños dicindo que os composteiros son ilegais
Por Oskar Viéitez |