A Asociación de Jóvenes Empresarios pide medidas para fomentar a natalidade
Por Anxo Lourido
O estancamento do índice de consumo en toda Galicia preocupa no sector empresarial. Así o manifestaba o presidente da Asociación de Jóvenes Empresarios de Pontevedra (AJE) Pablo Fernández na presentación do balance do seu primeiro ano á fronte deste colectivo. Indicou que é necesario solicitar ás administracións medidas de axuda económicas para fomentar a natalidade e xerar máis actividade empresarial.
Pablo Fernández comparecía acompañado polo director do Observatorio Urbano de Pontevedra, Pedro Figueroa, que indicaba que entre 2016 e 2017 rexistrouse un descenso no numero de sociedades mercantís creadas nas grandes cidades.
En Pontevedra das 177 sociedades constituídas no ano 2016 pasouse a 142 durante 2017. O dato sitúa a Pontevedra nunha posición intermedia en relación ao resto de grandes cidades galegas. Dentro da comarca, as sociedades mercantís creadas no concello pontevedrés durante 2017 constitúen o 68,93% do total.
O presidente de AJE indicou que a falta de chan industrial en Pontevedra complica a actividade empresarial e sinalou que os datos mostran como se está perdendo a presenza de grandes empresas e, en cambio, está a xerarse moito autoemprego.
Actualmente, AJE conta con 120 socios. Durante o último ano esta cifra aumentou un 3%. Os integrantes da asociación a través dunha enquisa interna mostraron a súa satisfacción coas iniciativas do colectivo empresarial e o seu interese por actividades relacionadas co networking e con aquelas de carácter formativo.
Durante o último ano destináronse case 83.000 euros ao fomento do emprendemento. A partida máis importante está destinada ao Premio Novo Empresario. Pablo Fernández destacou o investimento publicitario durante o seu mandato así como a aceleradora da Ría de Pontevedra, que se inclúe no Plan Social de Ence.
O próximo 3 de abril levará a cabo a asemblea xeral e ao longo do ano está previsto o cambio de imaxe corporativa e da web, na que agora se dará prioridade a vídeos dos asociados.
Relacionadas:
-
2018, un ano pesimista para a natalidade na área sanitaria de Pontevedra
Por Marisa Ciordia |
-
AJE Pontevedra quere gañar músculo
Por Oskar Viéitez |
-
RADIO.- A playlist de ...Pablo Fernández e os seus continuos retos
Por Marisa Ciordia |
-
Aje Pontevedra entrega ao Comedor de San Francisco a recadación do seu calendario solidario
Por Oskar Viéitez |
-
O calendario de AJE Pontevedra pon aos políticos "pisando barro"
Por Oskar Viéitez |
-
O Plan Social de Ence activa a aceleradora empresarial Ría de Pontevedra a través de AJE
Por Redacción |
-
Pablo Fernández seguirá a contar co apoio da Deputación durante o seu mandato en AJE
Por Redacción |