O peirao de Ons, candidato ao 'Rincón máis bonito' da Rede Natura
Por Alejandro Espiño
Está en Ons o 'Rincón máis bonito' da Rede Natura? É probable. O peirao da illa, integrada no Parque Nacional das Illas Atlánticas, é un dos vinte candidatos ao concurso que puxo en marcha o proxecto europeo Life + Infonatur 2000.
Xunto a el, optan a este recoñecemento outros dous lugares galegos: o Consello da Veiga e a Lagoa de Ocelo, en Ourense.
Ademais, hai catro candidatos que chegan da provincia de Cáceres, tres de Asturias, dous de Huelva, Tenerife e Alacante e un das provincias de Málaga, Cantabria, Huesca e Castelló.
No concurso para elixir 'O rincón máis bonito da Rede Natura 2000' participaron concellos e particulares e tras unha primeira selección quedaron como finalistas vinte fotografas doutros tantos lugares da Rede.
O gañador será elixido mediante votación popular. Pódese participar ata o 26 de marzo.
Unha vez que foron seleccionadas as mellores fotografías e proclamadas as candidaturas, calquera persoa pode votar a través da páxina do proxecto ou do perfil do proxecto na rede social Twitter.