Carmela Silva aposta polo turismo sustentable ante a Fundación Goberno e Democracia Local
Por Redacción
A Fundación Goberno e Democracia Local organizaba este martes unha xornada sobre Turismo e Medio Ambiente que se desenvolvía na Deputación Provincial. Este encontro pretende compartir experiencias e establecer estratexias comúns entre deputacións, cabidos e consellos insulares.
Neste caso, ao redor de cincuenta representantes analizaron os aspectos medio ambientais e o efecto sobre o turismo. A presidenta da Deputación Provincial, Carmela Silva sinalaba a importancia de buscar modelos turísticos sustentables que garantan o futuro respectando as diferenzas.
Nesta cita participaron diferentes expertos tanto en materia lexislativa como en xeografía e en planificación de Turismo, entre outras especialidades.
A xornada concluía cunha mesa redonda sobre as experiencias de xestión turística e ambiental.